FOZ.- A concelleira electa polo PP de Foz Luísa Prieto abandonará o Partido Popular, que valora expulsala, e podería continuar formando parte da corporación como independente. A ruptura entre Luísa Prieto e o PP iniciouse a raíz de que a concelleira non asistiu o luns pasado ao pleno no que se debatían os presupostos municipais, o que facilitou a maioría do grupo socialista gobernante.
Un dos detonantes da situación final puido ser a decisión do PP de non apoiar os presupostos presentados polo PSOE, entre cuias iniciativas se atopaba facer pavillón polideportivo nun terreo da parroquia de Cangas, nunhas condicións das que disentían os “populares”, indicou Angel Cao.
As diferencias da concelleira e o seu grupo acentuáronse despois do 25 de xuño, data na que o comité local do PP acordou non apoiar os presupostos. O acordo adoptouse coa disidencia de Luísa Prieto e coa unanimidade do resto dos asistentes, “de nove que eramos solo unha persoa non estivo de acordo” matizou o portavoz do PP.
Días máis trade, o 27 de xuño, Angel Cao, que se atopaba de viaxe, declinou unha reunión co alcade de Foz, José María García Rivera, para tratar dos presupostos municipais. Finalmente a xuntanza, breve, entre ambos, tivo lugar o 29 de xuño, a última hora da tarde, na Casa do Concello e nela Cao reiteroulle a García Rivera que o PP tomara a decisión de non apoiar o presuposto.
A primeira hora da mañan do día 30 de xuño, Angel Cao enterouse de que Luísa Prieto non asistiría esa tarde o pleno durante unha unha conversación telefónica que tivo coa concelleira “que xa sabía, antes de que o souberan os do PSOE, que me reunira co alcalde o día anterior pola tarde” explicou Angel Cao.