Site icon Crónica3.com A Mariña

1.157 alegacións ao PXOM de Ribadeo

No rexistro de entrada do Concello foron contabilizadas 1.157 alegacións ao Plan Xeral de Ordenación Municipal presentadas durante os tres meses de exposición pública do documento. O alcalde, Fernando Suárez, di que <se trata dun número importante>, pero lembra que a empresa redactora lles comentou que <nos concellos nos que se fan plans xerais é normal e previsible que entorno ao 10% da poboación presente alegacións. Si en Ribadeo temos 10.000 habitantes digamos que estamos neses parámetros axustados de participación veciñal>.

O 60% das 1.157 alegaciones foron presentadas por veciños da zona rural e o 40% restante polos da zona urbana. O rexidor conta que <na zona rural moitas alegacións pretenden que se corrixan erros no sentido de recoñecer vivendas de máis de cincuenta anos con esa categoría que no plan non estaban recollidas correctamente. Tamén hai un número importante de alegacións que persiguen ampliacións dos núcleos tanto dos orixinais coma dos de expansión e logo tamén hai, ainda que en menor medida, alegacións que pretenden reducir o ámbito de núcleo para sacar de alí as explotacións agrarias existentes por motivos de futuras ampliacións….. que non estean condicionadas por si esas explotacións están dentro dun núcleo rural>.

En canto á zona urbana de Ribadeo, Fernando Suárez apunta que <moitas das alegacións presentadas persiguen que onde o plan plantexa solo urbano non consolidado sexa catalogado como solo urbano consolidado, e tamén hai un número importante en ámbitos do solo urbano consolidado onde o PXOM propón a ampliación dunha rúa, xa que hai moita xente que non ve esas posibilidades con bós ollos. Hai tamén algunha alegación da zona industrial e da zona de costa>.

O alcalde de Ribadeo asegura que son 1.157 alegacións nas que moitas son concurrentes <poido constatar que hai unha presentada por unha comunidade de veciños que perseguindo o mesmo obxectivo plantexan unhas 100 alegacións coa mesma iniciativa. Éste é só un exemplo, pero hai máis>.

Fernando Suárez asegura que se trata <do resultado dun traballo de participación do pobo durante tres meses e esto hai que destacalo. A última experiencia que temos de aprobación inicial dun PXOM data do ano 2001 (ainda que despois non saiu adiante) momento no que en dous meses de exposición pública se rexistraron un milleiro de alegacións. Nós agora en tres meses andamos tamén por esa cifra>.

Máis consenso

O alcalde de Ribadeo asegura que <o PXOM que se aprobou de xeito inicial entre todos os grupos políticos con representación no Concello déulle a oportunidade ao pobo de poder enriquecer e mellorar ese documento coas súas aportacións. O pobo tivo tres meses para falar e fíxoo e hoxe máis que nunca proseguiremos adiante co esquema de traballo previsto>. Suárez Barcia engade que <agora temos que entre todos os membros da Corporación ir estudiando todas as alegacións, e a empresa EPTISA terá que facer informes de viabilidade ou non de todas elas para logo acadar un consenso no Concello. Ainda que a lei só fala de maioría absoluta para a aprobación provisional do PXOM sería bó superar esa barreira para chegar ao máximo consenso posible entre todos. Eso sería o óptimo, pero logo xa se verá o que acontece>.

Despois da aprobación provisional no pleno do Concello de Ribadeo o PXOM será enviado á Consellería de Política Territorial que nun prazo de tres meses deberá decir si aproba ou non o documento si o desaproba ou si o aproba con condicionantes. O alcalde considera que <é un longo camiño que tentaremos reducir a pesares do verán. Xa falamos coa empresa redactora para que siga a traballar en agosto no estudio de todas alegacións presentadas>.

Fernando Suárez di que <hoxe é un bó día para a democracia en Ribadeo e para a participación veciñal no marco da elaboración dun PXOM>.

Exit mobile version