Site icon Crónica3.com A Mariña

Subministro de auga e eléctrico e plan xeral tema en Barreiros

O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, voceiros dos outros grupos políticos e asociación de promotores inmobiliarios mantiveron unha xuntanza na que analizaron cuestións coma o abastecemento de auga, o subministro eléctrico e o plan xeral.
Según afirmou o alcalde de Barreiros “tentamos ir acercando posturas, falouse da situación pola que está a atravesar a construción na Mariña e en Barreiros e dos problemas que estan a ter as empresas coas ventas e algunhas coa falta de liquidez” . Parga matizou que a xuntanza “foi un acercamento entre a parte empresarial e a parte política ademais de ser un encontro informal para falar do Plan Xeral”

Nota de prensa

CONCELLO E PROMOTORES INMOBILIARIOS ACORDAN COMA DATA LÍMITE O MES DE OUTUBRO PARA SUFRAGAR OS 3,6 MILLÓNS DE EUROS QUE COSTA A NOVA TRAÍDA DA AUGA. NO ENCONTRO DE HOXE TAMÉN FALARON DO SUMINISTRO ELÉCTRICO E DO PXOM.

Barreiros, 11 de xuño de 2008. O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, os voceiros dos outros grupos políticos que teñen representación no Concello e a asociación de promotores inmobiliarios analizaron durante varias horas cuestións coma o abastecemento de auga, o suministro eléctrico e o PXOM. Segundo o rexedor <na xuntanza tentamos ir acercando posturas. Falóuse da situación pola que está a atravesar a construcción na Mariña e en Barreiros e dos problemas que están a ter as empresas coas ventas e algunhas coa falta de liquidez. Eu diría que foi un acercamento entre a parte empresarial e a parte política ademáis de ser un encontro informal para falar do Plan Xeral>. Alfonso Fuente engade <coincidimos en que Barreiros ten moitas posibilidades, xa que conta moitas zonas verdes nos seus 72 kilómetros cadrados e cremos que as forzas políticas estamos aí para defender os intereses dos nosos veciños. Podemos chegar a consensos para que todos saiamos beneficiados>. O alcalde considera que <Barreiros é un Concello prácticamente virxe. Todas as licencias que se concederon supoñen unha parte moi pequena de todo o potencial que pode ter por moitos anos o noso municipio. Creo que se pode facer un Plan Xeral bó, e hoxe o que fixemos foi poñer a primeira pedra. Todos estamos na mesma liña, todos somos veciños de Barreiros e queremos o mellor para o noso municipio>.

Políticos e constructores non quedaron de momento para manter un novo encontro, segundo conta Alfonso Fuente, <era un pouco concienciarnos todos de que tanto no PXOM coma en todas estas construcción todas as forzas políticas temos que estar unidas. Aquí o Concello o que fixo non foi máis que dar unhas licencias que estaban regladas por unhas normas subsidiarias do ano 2004 e creo que deben ser as forzas políticas as que vaian nesa liña. Despois das típicas discusións políticas que poida haber hai que ter a cabeza fría e a realidade está aí e hai que sacala adiante. O que non podemos é paralizar un Concello por unha discusión entre dúas administracións. Eu creo que puido haber defectos por parte da Xunta de Galicia e defectos por parte do Concello, pero creo que chegou o momento de que todos traballemos xuntos. Despois aí estará o traballo ben feito, e feito por todos para amosarlles aos veciños de Barreiros. Nós estamos na liña de escoitar e a oposición está na de colaborar e así debe ser>.

Abastecemento de auga

No encontro de hoxe, promotores e Concello falaron do convenio para o novo abastecemento de auga de Barreiros que suporá un custe de 3,6 millóns de euros. Ata o de agora dos 26 firmantes do convenio só 5 abonaron as cantidades previstas na súa totalidade e hai outros que pagaron a cantidade inicial demandada. O alcalde, Alfonso Fuente, asegura que <o sector da promoción ten claro que hai que garantizar os servizos e o seu interés é abonar esas cantidades que teñen avaladas o antes posible. Incluso ata poñían unha data: a de outubro de 2008 coma límite para realizar ese desembolso económico e poder iniciar os traballos do abastecemento de auga>. Ámbalas dúas partes abordaron tamén o suministro eléctrico <hoxe limos na prensa que con esa subestación eléctrica que se vai construir en Ribadeo se solverán os problemas de Barreiros. Vemos esta nova coma satisfactoria, e agardamos que favoreza a toda a poboación do noso municipio>

Exit mobile version