Site icon Crónica3.com A Mariña

Segundo o BNG o Concello de Alfoz ten dificultades para facer fronte a investimentos propios.

Segundo o BNG de Alfoz, o concello ten dificultades para recadar cantidades superiores aos gastos correntes e de persoal. Isto dificulta a xestión de obras novas e servizos por parte do concello, tendo que depender de outras administracións para facer políticas de innovación e avance social.

Incluímos a nota de prensa onde se detallan pormenores da situación económica do Cócenllo de Alfoz.

 

 

 

O BNG CONSIDERA QUE O ACTUAL EQUIPO DE GOBERNO DO PP SUPÓN UNHA LOUSA PARA ALFOZ.

Alfoz, 30 de maio de 2008. O voceiro do BNG no Concello de Alfoz, Iván Marrube, di que <á vista dos presupostos, da súa análise e da xestión realizada dos mesmos queda clara como conclusión a incapacidade de xestión que demostra o PP>. Marrube asegura que <as cantidades destinadas a persoal e a gastos correntes supoñen a grande parte do presuposto. O Concello ten unha recadación neta de 1.267.203 euros, mentras que só os gastos de persoal, bens correntes e servizos supón 1.073.914 euros. Esto deixa o apartado de inversión plenamente condicionado a subvencións, esto quere decir que o Concello co gasto que ten non pode asumir directamente con ingresos propios o custe das diversas obras que poidan precisar o municipio e os seus veciños>.

O voceiro nacionalista engade que <se observa un remanente de crédito de 705.807 euros, que ven ocasionado principal e maioritariamente por obras que estaban subvencionadas e que ainda non foron capaces de executar>. Desde o BNG <criticamos duramente a xestión que o PP de Alfoz está a facer no Concello. Cárganlle a tódolos veciños unha adicación exclusiva claramente abusiva de 40.000 euros para un Concello coma o de Alfoz, a do actual alcalde Emilio Lousas, e cando menos cremos que debería realizar o traballo mínimo coma por exemplo levar a execución obras xa aprobadas e subvencionadas>, segue a contar Iván Marrube.

O edil do Bloque considera que <vendo estes números queda claro que o que fixo o actual equipo de goberno do PP de Alfoz foi deixar que o Concello seguira a funcionar polo seu propio curso sin facer nada a maiores, pódese decir claramente que o alcalde se adicou a cobrar a súa cuantiosa nómina e nada máis>.

Exit mobile version