AN.- Crestes algunha vez nas mentiras¿? Non me refiro a crervos unha mentira senón ó feito de facer que credes unha mentira.
Ás veces fas dunha mentira parte da túa verdade, sabes perfectamente que é unha mentira, pero cres nela coa esperanza de que mantela viva sirva para curar as feridas de certas espiñosas verdades. Deixala pasar e medrar, vaise facendo grande pouco a pouco, o suficiente coma para facer insignificante esa verdade que tanto estaba a estorbar. E así, rematas crendo nela, crendo que foi mellor así, que foi por ben, para ben… pero as mentiras están feitas de cousas falsas, de cousas non certas, así que nada do anterior é certo en realidade.
Ben sei que é moita contradición pra un so párrafo, pero non deixa de ser certo.
Queredes que vos conte unha mentira¿?
Ser bon ten sempre recompensa. So os bos van ó ceo.
Unha verdade: O ceo esta feito de gases coma o hidróxeno, helio, osixeno ou óxidos de nitróxeno. Por certo estes últimos son mortais para o ser humano.
BLOWIN´IN IN THE WIND…
… The answer.
A ver que mentira e que verdade me contades vos¿?