Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Burela entra na plataforma Cidades Dixitais

Burela contará cun punto de información tecnolóxico que proporcionará información municipal e de cultura, rutas, prais, deporte, festas, hostelería, entre outras, “en definitiva, todo o que ten que ver co turismo, a cultura e o lecer, dispoñendo tamén dun apartado para o cidadán” indicou o responsble da area José González Legaspi. Esta iniciativa presentaraselle os empresarios o luns.

Nota de prensa

O CONCELLO PRESENTARÁ O VINDEIRO LUNS A EMPRESARIOS, COMERCIANTES E HOSTALEIROS A INTEGRACIÓN DE BURELA NA PLATAFORMA CIDADES DIXITAIS.

Burela, 27 de xuño de 2008. A delegación de Industria, Comercio e Turismo de Burela presentará o vindeiro luns 30 de xuño a empresarios, comerciantes e hostaleiros da vila a integración de Burela na plataforma Cidades Dixitais. José González Legazpi dixo que <conscentes de que dende os Concellos se debe apostar por mellorar as tecnoloxías ao servizo das necesidades dos cidadáns, Burela estará integrada en dita plataforma>.

Legapzi engadiu na presentación ante os medios esta mañá que <si dende a Delegación de Industria, Comercio e Turismo do Concello de Burela, da que eu son responsable, no pasado mes de febreiro se informaba da intención de traballar para conseguir que o noso municipio formara parte deste programa, hoxe compre decir que se atopa amplamente desenvolvido, e que por tanto en vindeiras datas Burela contará cun punto de información tecnolóxico  que nos permitirá proporcionar información de interés aos cidadáns, mediante un programa personalizado para Burela,  no que haberá espazo para a cultura, as rutas, as prais, o deporte, as festas, a hostelería, etc… en definitiva, todo o que ten que ver co turismo, a cultura e o lecer, dispoñendo tamén dun apartado para o cidadán, no que poderá atopar toda a información sobre a administración municipal>.

O edil nacionalista asegurou que <formar parte das Cidades Dixitais, permitiranos intercambiar información turística con outras cidades que xa contan con este programa…de xeito que o impacto publicitario e a expansión turística de cada vila se vexa multiplicada. Neste senso o vindeiro luns dia 30 de Xuño presentaremos este proxecto a todos os sectores empresarias e comerciais de Burela, no Salón de Plenos do Concello, ás 17 horas para o sector de hostalería e ás 21 horas para os demais sectores , dado o grande interese que representa como digo, estas integración nas Cidades Dixitais para os sectores economicos do Concello>.

Exit mobile version