Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG critica a redución de investimentos de Alfoz para o 2008

O Concello de Alfoz aprobou onte o orzamento para o exercicio 2008 por un total de 1,5 millóns de uros. Segundo o voceiro do BNG redúcense os investimentos en obras e servizos.

Nota de prensa

Alfoz, 13 de xuño de 2008. O BNG de Alfoz votou en contra da aprobación dos orzamentos de Alfoz para 2008 que ascenden a 1,5 millóns de euros. O voceiro nacionalista, Iván Marrube, considera que <o equipo de goberno do PP deixa claro con esta aprobación a súa incapacidade para xestionar con éxito e bós resultados o Concello. Igual que o ano anterior a maior parte do presuposto vai destinado a gastos de persoal, bens correntes e servizos cifrándose en máis dos dous terzos do orzamento>.

Marrube destaca que <se reducen as inversións de xeito considerable con respecto a ano 2007, xa que baixan ata a metade. Con moi mal pé comenza o actual alcalde nos seus primeiros presupostos xa que parece que o único que subiu foi o seu soldo xa que o incrementou nun 3%, mentras que o salario dos funcionarios tan só subiu un 2%. É moi criticable a xestión que están a facer desde o Concello. Agora temos un alcalde que nos custa a todos os veciños 41.000 euros ao ano, redúcennos as inversións e desde o equipo de goberno recoñecen a súa incapacidade xa que din que os presupostos demostran a realidade da súa xestión>. O voceiro do BNG di que a inversión máis grande prevista nos orzamentos é a dunha praza que se vai construir fronte ó Concello e que custarán 101.080 euros <o que levará a endebedar as arcas municipais en 20.000 euros>. Iván Marrube engade que <nos últimos anos o PP de Alfoz só fixo inversións en parques, áreas recreativas ou prazas. Como xa dixemos noutras ocasións esas partidas están moi limitadas no Concello e condicionadas ás subvencións, e ademáis o actual equipo de goberno amósanos a súa incapacidade tanto para conseguilas e xestionalas como para ver as necesidades dos veciños que obtemos o triste resultado da súa mala xestión>.

Finalmente Marrube engade que <consideramos lamentable ver un equipo de goberno que recoñece que eso é o único que pode facer e sin embargo lle sae tan caro aos veciños. Temos un alcalde que se sube o soldo, de entrada abusivo, por enriba da media dos funcionarios do propio Concello e que se adica a traballar ainda menos que o anterior rexedor>.

Exit mobile version