Site icon Crónica3.com A Mariña

Medio Rural anuncia o desmantelamento das Fundacións Comarcais

Segundo unha nota difundida polo BNG O Conselleiro do Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, anuncia a disolución de SODECO, Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal, que implicará o desmantelamento das Fundacións Comarcais no seu actual funcionamento.
O persoal tanto fixo como temporal da sociedade pasará a  depender doutros ámbitos da administración galega no caso de accederen a unha praza mediante un proceso de selección público.
Esta era unha das medidas previstas polo BNG e nomeadamente pola Consellería do Medio Rural na planificación prevista para o segundo bienio de goberno, unha vez rematados os procesos de execución dos Planos europeos PRODER OU LEADER.

O titular deste departamento confía en que, antes de que finalice o ano, o Parlamento galego aprobe a modificación da Lei de Desenvolvemento Comarcal, de 1996, unha vez xa concluída a execución dos programas europeos Proder ou Leader nos que participaba Sodeco e boa parte das fundacións, das que recoñeceu a súa falta de “funcionalidade”. Unha afirmación que basea nun informe do Consello de Contas correspondente ao ano 2000, que cuestionaba a “redundancia” deste instrumento e de Agader (Axencia Galega para o Desenvolvemento Rural).

Para máis información ir a GZnación

Exit mobile version