Site icon Crónica3.com A Mariña

I Certame Hernán Naval de intérpretes mozos

Ribadeo será escenario os días 5, 6, 12 e 13 de xullo do I Certame Hernán Naval de Intérpretes Mozos, destinados a xóvenes nacidos entre os anos 1982 e 1992 que estean matriculados en conservatorios e escolas de música ou que sean membros de bandas de música. O certame consta de dúas modalidades: solistas e música de cámara, neste caso os grupos non poderán ter máis de cinco persoas. Na categoría de solitas hai tres premios: o primeiro dotado con 600 euros, o segundo con 300 e o terceiro con 200 euros; e na categoría de música de cámara hai dous premios: o primeiro dotado con 500 euros e o segundo con 250. Ademáis, segundo explicou, Lourenzo Cruz, director da Banda Sinfónica de Música de Ribadeo, “haberá un premio especial Hernán Naval co que pretendemos fomentar a cultura musical en Galicia coa interpretación dunha obra galega composta por un autor tamén galego”. A inscripción de participantes está aberta ata o 31 de xuño. Ata o momento hai inscritos de Galicia, doutros puntos de España, de Francia, de Portugal e de Andorra.
O director da Banda de Ribadeo agradece o apoio incondicional recibido desde todas as empresas que teñen vinculación coa música “estamos moi contentos coa demanda que temos. Hai xente de Ribadeo que son un orgullo para nós e que eran alumnos que empezaron a estudiar con Hernán Naval e que agora se están a presentar a este certame”. Lourenzo Cruz destacou tamén que o xurado estará formado por personalidades no mundo da música entre as que se atopan: Maximino Zumalave e Rogelio Groba.
O I Certame Hernán Naval de Intérpretes Mozos celebraráse no Auditorio Municipal de Ribadeo e a entrada será libre.

Exit mobile version