O alcalde de Burela, Alfredo Llano, asegura que as obras do abastecemento de auga a Cervo e ao seu municipio corren o risco “de sofrir unha paralización debido a un problema xurdido coa ubicación dos terreos definitivos para a ETAP. O bó ritmo de traballo que levaban esas obras pode agora frenarse, por mor dunhas cuestión burocráticas que agardamos que se superen canto antes”. O rexedor confía en que as obras rematen dentro dos prazos previstos para o ano 2009. Éste foi o asunto principal da xuntanza ordinaria que hoxe mantivo o Consorcio do Abastecemento de Auga a Burela e Cervo, celebrada nesta última localidade mariñana.
Dificultades para rematar o abastecemento de auga a Burela e Cervo.