Site icon Crónica3.com A Mariña

Barreiros merca un desfibrilador e valora facerse con un ecógrafo

O concello de Barreiros quere comprar un ecógrafo para que un medico do Centro de Saúde faga ecografías aos veciños e estes non teñan que esperar a que os chamen do hospital da Costa. O desfibrilador destinase ás praias.
O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, asegurou que no hospital hai que “soportar unhas listas de espera inmensas para facer unha ecografía” e como solución  “baralla a posibilidade de mercar un ecógrafo para o noso centro de saúde, xa que hai un médico que ten os cursos de manexo deste aparato feitos. E así evitaríamos que os nosos veciños teñan tanto que agardar”.
Alfonso Parga tamén lembra que será o concello “o que costee directamente o desfibrilador co que contaremos este ano nas praias”

Nota de prensa

O CONCELLO ESTUDIA A POSIBLE COMPRA DUN ECÓGRAFO PARA O CENTRO DE SAÚDE.

Barreiros, 27 de xuño de 2008. O Concello de Barreiros está a estudiar a posible compra dun ecógrafo para o centro de saúde do municipio. O alcalde, Alfonso Fuente Parga é consciente das carencias que teñen esas instalacións tanto en persoal coma en material. O rexedor asegura que <os veciños teñen que soportar unhas listas de espera inmensas para facer unha ecografía no hospital da Costa en Burela, porque é o único lugar no que as poden facer. Por ese motivo estamos barallando a posibilidade de mercar un ecógrafo para o noso centro de saúde, xa que hai un médico que ten os cursos de manexo deste aparato feitos. E así evitaríamos que os nosos veciños teñan tanto que agardar para facer esa proba>.

Fuente Parga critica que durante o verán, época na que Barreiros ve moi incrementada a súa poboación <non se incremente a plantilla do centro de saúde. É máis os profesionais vánse de vacacións e os que quedan ven incrementada de xeito considerable a súa carga de traballo, sin que desde a Consellería de Sanidade fagan nada por solucionalo. Dáse a circunstancia de que canta máis xente temos no noso Concello menos persoal hai no centro de saúde para atendelos>.

O alcalde asegura que nas últimas semanas se estivo a preocupar polo estado dos servizos sanitarios do Concello e comprobou as carencias coas que conta o centro de saúde de Barreiros. Alfonso Fuente lembra que será o propio Concello <o que costee directamente o desfibrilador co que contaremos este ano nas praias para prestar o mellor servizo que poidamos a visitantes e veciños>.

Exit mobile version