Site icon Crónica3.com A Mariña

Armadores de Celeiro e Burela paran a folga e mandan ao mar os seus barcos

Porto de BurelaVintecinco días despois de anunciar o inicio de unha inusual folga empresarial do sector pesqueiro, a flota de altura e os boniteiros de A Mariña volven ao mar sin lograr unha solución aos problemas plantexados. Tamén volve faenar a flota de altura de Marín e máis tarde Vigo e A Coruña,. A flota mariñana de baixura xa está faenando e a flota de altura e os boniteiros comezaron a saír hoxe. Atrás quedan mobilizacións, manifestacións, piquetes, agresións, e peticións desoídas.
Os principais motivos da folga foron o alto custe do combustible e o baixo prezo do peixe na lonxa; as reivindicacións non tiveron solución. Tampouco lograron os empresarios desabastecer os mercados, principal ameaza esgrimida ao inicio da folga. Peixe do Mediterráneo comezou a substituír o do Cantábrico e a falla de capturas das flotas galegas de altura supliuse polo de outras flotas.
Á espera de solucións validas, serán os empresarios os que tomen mediadas para asegurar a rendibilidade das súas explotacións e non se descartan novas medidas de presión.

Exit mobile version