Site icon Crónica3.com A Mariña

Publicidade hasta na sopa: O concello de Barreiros distribuiu manteles publicitarios ós hostaleiros

O concello de Barreiros distribuiu cinco mil manteles publicitarios os bares, restaurantes, hoteis e casas de turismo rural “que se atoparán nas mesas cando vaian almorzar, comer ou cenar os que nos visitan, e nos que aparecen 135 datos relativos ó municipio, coma capelas, rutas, as 8 praias que teñen bandeira azul no Concello, os aloxamentos, os restaurantes ou reseñas do Camiño Norte de peregrinación a Compostela” indicou o alcalde de barreiros Alfonso Fuente.

Nota de Prensa

O CONCELLO DE BARREIROS REPARTE 5.000 MANTEIS PUBLICITARIOS ENTRE OS ESTABLEMENTOS HOSTALEIROS DO MUNICIPIO.

Barreiros, 24 de maio de 2008. O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente e a concelleira de Cultura e Turismo, Adela Rodríguez, mantiveron hoxe un encontro cos hostaleiros do municipio para ir preparando a campaña do vindeiro verán. O Concello repartiu xa 5.000 manteis publicitarios entre os bares, restaurantes, hoteis e casas de turismo rural <que se atoparán nas mesas cando vaian almorzar, comer ou cenar os que nos visitan, e nos que aparecen 135 datos relativos ó municipio, coma capelas, rutas, as 8 praias que teñen bandeira azul no Concello, os aloxamentos, os restaurantes ou reseñas do Camiño Norte de peregrinación a Compostela>, explica o rexedor. Alfonso Fuente engade que <este ano quixemos sustituir os típicos folletos informativos por estes manteis>. A primeira tirada está en castelán, pero as seguintes estarán en galego e mesmo en inglés.

O rexedor engade que <tamén falamos nesa xuntanza de hoxe de cuestións coma a recollida do lixo ou a posta en marcha dunha liña regular de autobuses que levaría ós turistas desde as casas de turismo rural ou hoteis ata ás praias do noso Concello en días de bó tempo, ou a realizar rutas pola zona cando o tempo non acompaña moito>. O alcalde e a concelleira de Turismo tamén lles plantexaron ós hosteleiros a necesidade  de traballar todos cunha imaxe única, empregando o eslogan de Barreiros, un mar de praias.

A mediados do mes de xuño hostaleiros e Concello volverán manter un encontro para ultimar e chegar a acordos nalgunhas das propostas analizadas hoxe e para tentar correxir posibles erros <neste mantel que estrenamos estes días>, di Alfonso Fuente Parga.

Exit mobile version