Nunha loita por usar a mancomunidade de municipios de A Mariña como arma política, PP e PSOE dispútanse o protagonismo do ente supramunicipal. Nun día os socialistas pasaron de presidir a mancomunidade a abandonala. E o PP pasou de tela en esquecida e en “propiedade” a necesitala para utilizala.
O repentino cambio do PSOE aclarouno posteriormente o senador do lucense Luis Angel Lago Lage. O parecer debese a un entorto de protagonismo ante o nomeamento como presidente da mancomunidade do portavoz do PP no concello de Foz, Angel Cao.
O PSOE esgrime que Angel Cao foi nomeado sen contar coa maioría requerida polos estatutos do órgano supramunicipal e o PP entende que contou coa maioria necesaria e que o PSOE está en minoría.
O desencontro tivo lugar o a finais de abril. A mancomunidade de municipios de A Mariña celebrou unha sesión para aprobar a última acta, pendente do ano 2006. Ese foi o derradeiro pleno mancomunado presidido polo socialista José María García Rivera.
Seguidamente tivo lugar unha nova xunta na que tomaron posesión os novos representantes dos distintos concellos salvo os de Abadín e Xove, quen ainda que presentes non puideron acreditarse debido a falla da acta da sua designación.
Tras a acreditación formouse a mesa de idade e nese intre un concelleiro de Alfoz, en nome dos socialistas da comarca, propuxo unha “custión de orde”. Acto seguido os representantes do PSOE abandonaron a sesión desconformes co sistema de representación e cos estatutos da mancomunidade que presidía o seu compañeiro García Rivera media hora antes.
A designación de Angel Cao como presidente da mancomunidade é cuestionada agora polo PSOE, non polo aducido na “cuestión de orde” si non polo numero de votos acadados.
A deixadez dos representantes do PP de Xove e Abadín que acudiron o pleno da mancomunidade para a toma de posesión sen confirmar a acreditación da sua designación provocou que o seu representante Angel Cao non contase con tódolos votos que reclama o PSOE.
Dende a creación da mancomunidade a sua supervivencia sempre estivo cuestionada. A entidade supra municipal pouco máis fixo que ser trampolín de protagonismos e enfrentamentos varios, incluso dentro dunha mesmas formación. Pouco serviu a comarca; máis a políticos e sempre deu xogo.
A entidade foi creada co fin de dar mellores e maiores servizos colectivos ós veciños de A Mariña mancomunando a prestación entre os concellos que a forman. Dende entón a mancomunidade apenas logrou manter un centro de atención a nenos discapacitados, xestionar uns camións contra incendios e algúns vehículos lava colectores e facer una mínima promoción turística da comarca.
Actualmente forman parte da mancomunidade de municipios de A Mariña, Riotorto, A Pontenova, Trabada, Lourenzá,Mondoñedo, Abadín, Alfoz, Valadouro, Ourol, O Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo, Burela, Foz, Barreiros e Ribadeo.
O PSOE pasou de presidir a mancomunidade a abandonala
O PSOE pasou de presidir a mancomunidade a abandonala
Relacionado
-
Villares defende que a frota galega precisa 1.200M€, catro veces máis de axudas europeas, para lograr unha descarbonización asumible
-
O PP acusa ao alcalde “de levar o Concello de A Fonsagrada á quebra, tal e como confirma o secretario municipal”
-
Tomé anuncia un primeiro paquete de actuacións nas estradas provinciais que mellorarán 280 quilómetros con máis de 12M€