Según asegurou o responsable de Industria, Comercio e Turismo do Concello de Burela, José González Legazpi, o PP “perdeu unha grande oportunidade de terse enterado, interesado e mesmo plantexado propostas ou alternativas na recente reunión da Comisión de Diversificación e Potenciación dos Sectores Socieconómicos do Foro 21. Un acto no que non estivo presente ningún membro do PP a pesares de seren tan defensores dos intereses de Burela”.
José González Legazpi afirma que o portavoz do PP, José María González Barcia ten “afán polo interés mediático e a descalificación persoal que alimenta o seu egocentrismo” e que Burela “se atopa hoxe nunha situación expansiva en materia de turismo e de mellora que nunca antes tivo”.
Nota de prensa
O CONCELLEIRO DE TURISMO DI QUE BURELA SE ATOPA NUNHA SITUACIÓN EXPANSIVA E DE MELLORA QUE NUNCA ANTES TIVO.
Burela, 23 de maio de 2008. O concelleiro delegado de Industria, Comercio e Turismo, José González Legazpi asegura que Burela <se atopa hoxe nunha situación expansiva en materia de turismo e de mellora que nunca antes tivo>. Así sae ao paso das información verquidas nas últimas horas polo voceiro popular José Mª González Barcia.
Legazpi considera que <o Sr. Barcia, no seu afán polo interés mediático e a descalificación persoal que alimenta o seu egocentrismo, perdeu unha grande oportunidade de terse enterado, interesado e mesmo plantexado propostas ou alternativas na recente reunión da Comisión de Diversificación e Potenciación dos Sectores Socieconómicos do Foro 21. Un acto no que non estivo presente ningún membro do PP a pesares de seren tan defensores dos intereses de Burela>. O concelleiro de Turismo engade que <alí se plasmaron as condicións de operatividade óptima actual do barco museo, do punto de turismo e outros que se atopaban en certo estado de abandono ou descuido por parte do anterior goberno do PP. Tamén se analizou a participación turística nos distintos certames e a elaboración de folletos informativos, xa que algúns dos que nos atopamos no Concello estaban sen actualizar desde hai máis de doce anos. E se informou do traballo que se está a realizar para a elaboración de novo material promocional, información turística, participación en certames……>.
José González Legazpi di que <non resulta extraño dado o seu afán fabulador que o Sr.Barcia siga nesa pugna inexistente polo enfrontamento entre as distintas delegacións do goberno municipal e que só evidencian o seu descoñecemento ou desinformación no relativo aos acordos e regulamentos correspondentes que determinan claramente as áreas de actuación, atopándose perfectamente establecida a súa funcionalidade>.
O edil nacionalista cre que <en definitiva nada novo aporta o PP de Burela nin o seu voceiro, salvo a traslación dos infundados cantos de sirea de sempre, que seguramente lles imposibilita lembrar que antes foron goberno, e logo tempo tiveron para transformar os folletos anticuados en novidosos ou deixar xa creado un stand axeitado aos tempos>. González Legazpi engade que <todo isto de renovación de materiais promocionais xunto con outros proxectos se está a acometer agora no senso como digo de que Burela avance de maneira decisiva no ámbito do turismo non só na diversidade e especialización da oferta, senón tamén para dala a coñecer, e na súa dotación de medios, por tratarse dun campo altamente competitivo, téndose xa materializado a consecución dun folleto novidoso que se atopa esgotado pola súa grande demanda, encontrándose de novo en impresión e participado na primeira Guía Turística da Mariña Lucense>.