Site icon Crónica3.com A Mariña

O Corredor de A Mariña lonxe da costa.

A Coordinadora Pro Corredor da Mariña, integrada por reperesentantes de asociacións de veciños dos diferentes concellos, traladou ao Ministerio de Fomento unha proposta de trazado co acordo do 90% das asociacións. Existen dificultades para chegar a acordos debido a diferentes intereses relacionados, na súa maioría, con posibles intereses urbanísticos dos terreos afectados, por unha banda e da viabilidade dos accesos á autovía do Cantábrico, por outro.
Dende as asociacións creen que o trazado debe «beneficiar cara ao futuro á comarca mariñana no seu conxunto, evitando perxuizos innecesarios, asi como competencias localistas en detrimento da unión e colaboración tan necesaria dos concellos.
A maioría defende un trazado lonxe da costa, polo Valadouro para enganchar a costa á altura de no Castelo, no concello de Cervo. Esta opción propón un trazado máis apartado da costa, que debe valorar os gastos e ocupacións de terreos para facer uns accesos rápidos aos núcleos máis poboados, como Foz e Burela. De pouco serviría salvar posibles zonas edificables a conta dun longo recorrido para o acceso á autovía, xa que esto implicaría maior gasto de execución de estradas de acceso e maior tempo para os transportes desde as industrias para enlazar coa autovía. Por outra banda habería que valorar que a falla de acordo pode levar a adiar sen data a iniciativa do Goberno para iniciar as obras dunha estrada que xa leva máis de vinte anos de retardo.

Exit mobile version