Site icon Crónica3.com A Mariña

Costa Verde, A Cofradía, O Cantón e Pizzbur gañan a terceira edición de “Ribadeo de Tapeo”

O premio á mellor tapa foi para o bar Costa Verde pola súa “milfollas de cabaciñas con solombo de porco e mazá reineta”; o premio á mellor tapa tradicional, que este ano tiña que estar realizada con produtos do mar, foi para o restaurante A Cofradía polo “arroz de Rinlo”; o premio para a mellor tapa creativa correspondeulle ao café O Cantón pola súa “peituga de pavo rechea ” e o premio á mellor barra foi para a Pizzbur. O xurado concédelle unha mención especial á tapa realizada pola cafetería do Centro Social.
A terceira edición de Ribadeo de Tapeo con éxito de público e de participación neste evento gastronómico. Os premios serán entregados nun acto previsto para o vindeiro venres pola tarde. Data na que tamén se sortearán entre o público participante, que conseguiu probar 17 tapas ou máis e selar o cartón que o acredita, dúas fin de semana en casas de turismo rural.

Nota de Prensa

COSTA VERDE, A COFRADÍA, O CANTÓN E PIZZBUR GAÑAN A TERCEIRA EDICIÓN DE RIBADEO DE TAPEO QUE SE PECHOU CUN GRANDE ÉXITO DE PARTICIPACIÓN.

Ribadeo, 26 de maio de 2008. Rematou o domingo a terceira edición de Ribadeo de Tapeo con éxito de público e de participación neste evento gastronómico. O xurado deu a coñecer o nome dos gañadores deste ano. O premio á mellor tapa foi para o bar Costa Verde pola súa milfollas de cabaciñas con solombo de porco e mazá reineta; o premio á mellor tapa tradicional (que este ano tiña que estar realizada con productos do mar) foi para o restaurante A Cofradía polo seu arroz de Rinlo; o premio para a mellor tapa creativa correspondéulle ao café O Cantón pola súa peituga de pavo rechea e o premio á mellor barra foi para a Pizzbur. O xurado concédelle unha mención especial á tapa realizada pola cafetería do Centro Social Tente tieso da miña avoa Marcela.

Os premios serán entregados nun acto previsto para o vindeiro venres pola tarde. Data na que tamén se sortearán entre o público participante, que conseguiu probar 17 tapas ou máis e selar o cartón que o acredita, dúas fin de semana en casas de turismo rural.

Balance positivo do Concello

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, destaca o éxito desta terceira edición de Ribadeo de Tapeo que <estivo por enriba de calquera das outras dúas realizadas antes, por número de participantes, por número de tapas presentadas e pola afluencia de público rexistrada tanto do noso Concello, coma do resto da Mariña e do occidente asturiano>. O rexedor suliña que <a pesares de ser unha semana chuviosa e desapacible rompéronse as expectativas máis positivas que puidera haber. Eu estiven a poñer a orella e os hostaleiros me trasladaron a súa satisfacción pola cantidade de xente que se achegou a degustar as tapas e incluso me indicaban que consideraban conveniente poñer en marcha esa iniciativa das cartulinas para premiar ao público que máis tapas degustase>.

Fernando Suárez felicita aos gañadores, pero tamén a todos os que participaron en Ribadeo de Tapeo porque <o importante non é gañar senón participar. A hostalería ribadense deu unha lección de cómo se fan as cousas, de cómo con esta sinerxia entre todos puidemos ter o nome de Ribadeo moi alto na cuestión da cociña en miniatura. Fomos un referente para Galicia e para Asturias>.

Exit mobile version