A terceira e última etapa da I Volta Ciclista ás Comarcas de Lugo sairá ás dez e media da mañá da Avenida Arcadio Pardiñas “desde a zona do Campón para ir ata San Cibrao, volta despois pola variante de Burela e pasa por Cangas, Alfoz, Lourenzá, Trabada e Ribadeo, entre outros lugares. A competición rematará á unha e media do mediodía en Burela” informou a responsable do goberno municipal Neves Cando.
Durante toda a mañá haberá na Avenida Arcadio Pardiñas actividades ciclistas para os máis pequenos. Por ese motivo a rúa permanecerá cortada deste as sete da mañá ata as dúas da tarde entre o Campón e o cruce con Eijo Garay.