Según o convenio entre o concello de Cervo e a promotora, esta debía ingresar nas arcas do concello 363.574 euros antes do 30 de Abril, indica nunha nota de prensa o BNG.
“A promotora solicita un novo aprazamento da débeda pendente de execución que suma un importe 1.271.507,42 euros e pide a anulación dos pagares de abril e setembro deste ano” afirman os nacionalistas.
A dirección xeral de Urbanismo instou o pasado ano a á revisión de oficio da licenza concedida e a paralización das obras por non ser conformes á legalidade urbanística.