O Ministerio de Medio Ambiente está desfacendo o paseo da praia de Estiro en Xove, para recuperar o contorno orixinal de dunas e xunqueiras. Vai para dez anos, cando a moda era encher de cemento a beira do mar, a Dirección Xeral de Costas, daquela encadrada no Ministerio de Obras Públicas, gastou 462.000 € para facer un paseo, construír un aparcamento con pérgola incluída e dotar de duchas, mesas e asadores para as merendas nun paraxe de interese ecolóxico e de beleza singular. Neste esteiro, que foi salvado con mobilizacións populares, da construción dunha central nuclear, fíxose unha construción totalmente allea ao urbanismo do contorno, dificultando o paso e asentamento de aves e a evolución das dunas.
Agora, con outra mentalidade, dende o Ministerio de Medio Ambiente, preténdese recuperar a faciana orixinal, gastando 726.000€. ¿Quen gaña e quen perde facendo e desfacendo o Medio Ambiente?¿Que necesidades de atención social fican sen resolver por estes investimentos inútiles?