Viveiro, 24 de agosto, 2026. Co obxectivo de poñer en valor e recuperar formas de vida, costumes, linguas e tradicións ligadas ao mundo pastoril, a película Pastoris chega esta semana, o mércores 26 e o xoves 27 de agosto, aos Cines Viveiro. A cinta é a primeira ficción rodada integramente na fala palra do Rebollar, unha variedade do asturleonés que só se conserva no sur de Salamanca e no norte de Cáceres e que se atopa en perigo de desaparición.
A película, dirixida por Pablo Moreno e producida por Stellarum Films, InvértebraFilms e Pocas Nueces, está distribuída por Proyecfilm e conta cun elenco formado por Sergio Cardoso, Marian Arahuetes, Laura Contreras, Antonio Reyes, Carlos Pinedo, Pablo Viña e José María Rueda. Inclúe, ademais, a colaboración especial de Assumpta Serna e Denis Rafter.
A rodaxe prolongouse durante un ano completo en escenarios naturais das provincias de Cáceres, Salamanca e Burgos, un territorio que se converte nun dos personaxes principais da historia. Ambientada no século XIX, a película recrea a antiga transhumancia entre Salamanca e Extremadura e ten como protagonista a Domingo, un pastor que emprende unha viaxe que se transforma nun percorrido de redención, memoria e identidade na época da Guerra da Independencia. Profundamente arraigada na paisaxe salmantina, a cinta aborda temas universais, como o que ocorre cando regresamos a un lugar que xa non recoñecemos ou como atopamos o noso sitio cando aquilo que coñeciamos mudou.
Un dos principais logros da película é a súa contribución á conservación e difusión do patrimonio inmaterial das zonas rurais españolas, así como o recoñecemento deste medio como espazo de creación cultural e preservación da identidade. Pastoris rende homenaxe á memoria, ás raíces e á cultura popular do territorio no que se ambienta.
























A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



