Ribadeo, 3 de decembro, 2019. O venres 29 e o sábado 30 de novembro tivo lugar a I Sesión Autonómica Modelo de Parlamento Europeo en Santiago de Compostela. O alumnado de 1º de BACH da materia EUROPA participou nestas xornadas aportando a súa visión sobre 4 temas de actualidade de política europea:
O papel da UE fronte ao cambio climático. Defendido pola alumna Lucía Fernández López.
Estratexias da UE ante o envellecemento demográfico. Defendido pola alumna Violeta Carrero Isla.
As bitcoin e a enxeñería económica: Criptomoedas ou tecnoloxía blockchain. Defendido polo alumno Juan Manuel Vega Vásquez.
A trata de seres humanos. Defendido pola alumna Claudia Villapol Duarte.
A xornada do venres transcurriu integramente no Colexio Peleteiro; alí, o alumnado tivo as reunións por comisións nas que debateron os temas propostos nesta convocatoria, e a partires das 18:30 cada grupo reuniuse co seu profesorado para preparar as estratexias na sesión final que tivo lugar no Parlamento de Galicia:
A clausura estivo presidida pola secretaria da Mesa do Parlamento dona Raquel Arias Rodríguez, que xunto ao presidente do Board MEP España don Ramón Rodríguez Magán, ao director do colexio Peleteiro don Luis Peleteiro Ramos e ao profesorado seleccionado, despediron unha xornada repleta de debate, propostas e consenso democrático.