Alfoz, 20 de abril de 2016.- Esta semana 75 alumnos de primaria do Colexio Pio XII de Santiago visitaron as terras de Alfoz como preludio do programa de excursións escolares que se está a organizar neste concello por parte de diferentes firmas relacionadas co turismo e coa colaboración do Concello de Alfoz. Estas excursións, ás que tamén poderán acceder outros colectivos ademais dos centros escolares, terán como destino Alfoz e mostrarán aos visitantes a súa etnografía, natureza e cultura.
Os alumnos do Colexio Pio XII de Santiago foron recibidos no Centro Sociocultural de Alfoz e disfrutaron dunha proxección sobre a historia de Pardo de Cela. A continuación, visitaron o Castelo de Castro de Ouro, onde Alberto Geada lles mostrou o museo dedicado ao calzado primitivo de madera, deleitaándoos cunha demostración en vivo do proceso de fabricación dunha zoca. Ademais visitaron unha explotación fructícola dedicada a mazás na finca de “Casa Franco”, onde reciviron as explicacións de membros de Afruval. Para rematar a mañá realizaron unha visita ao Parque Etnográfico da Agua en Finca Galea, onde disfrutaron das maravillas deste espazo encantado.
Para rematar a xornada os alumnos do Colexio Pio XII, visitaron o CEIP Castro de Ouro, onde xantaron. Posteriormente, antes do regreso a Santiago, compartiron xogos cos alumnos do centro alfocense, intercambiando así experiencias entre nenos e nenas do rural e da cidade.