A biblioteca pública municipal de Foz fai públicos os premiados do certame de narración e debuxo infantil convocado para conmemorar o Día das Letras Galegas 2014. A entrega dos premios, que consisten en lotes de libros e diplomas, será o día 3 de xuño ás 19 horas no salón de actos da Casa da Cultura focense. Os premiados son (categoría A) en debuxo: Crinu Calin Cioaca, Helen Aragón Mejia e Mayra Rodrigues Fernandes; e en narración: Cristina Chen Meijide Méndez, María Laura Entrena Rego e Helena Celada Villarmea. Na categoría B, os debuxos premiados foron os de Cristina González Longarela, Lucía Dovale Posada e Guillermo Pardeiro Vivero e as narracións premiadas as de Icía Fernández Méndez, Lorena Villarquide Goás e Alexandre Santiago López. E María Gonzalez Bouza, María Riveira Teijeira e Miguel Fernández Fernández fixéronse cos premios de narración na categoría C. Deste xeito, segundo comentou o concelleiro de cultura, Ánxel Paleo, “damos especialmente as grazas a aqueles colexios participantes pola súa colaboración en todas as actividades que a biblioteca municipal está a desenvolver”.
Premiados polas Letras Galegas en Foz
Premiados polas Letras Galegas en Foz
Relacionado
-
Traballadores de Alcoa cortan a A-8 na ponte dos Santos
-
O Museo Provincial de Lugo acolleu este venres a presentación do libro “Da vila do Castro d´Ouro ao concello de Alfoz: oitocentos anos na Historia”, número 21 da serie “Monografías de Cuadernos de Estudios Gallegos” (Editorial CSIC)
-
O pasado domingo, 17 de novembro, reuniuse unha boa representación da familia Amieiro, de San Miguel, no restaurante El Huerto, en Villaframil, Ribadeo