A partir do vindeiro martes 23 de xullo, a Asociación de Comerciantes do Casco Histórico de Viveiro organiza visitas guiadas polo Casco Histórico da man de Lucia Ferreiro, unha moza viveirense, que realizará as visitas tanto en castelán coma en inglés, para que tamén as poidan disfrutar todos aqueles turistas estranxeiros que nos visitan nestas datas.
As visitas realizaranse os martes e xoves ás 12:00 horas e os venres ás 12:30 horas, con saída desde a Praza Maior. O punto de saída estará sinalizado cun Fly banner da Asociación no que se detallan os días das visitas e os horarios. A duración das mesmas será aproximadamente dunha hora e percorrerán os monumentos e rúas máis emblemáticas do Casco Histórico.
Trala gran acollida que tiveron as visitas guiadas en anteriores ocasións, a Asociación de comerciantes aposta unha vez máis por ofrecer esta actividade tendo en conta a afluencia de visitantes nestas datas e dar a posibilidade de coñecer o noso patrimonio cultural, as nosas rúas e todas as historias que encerran os muros que rodean o casco histórico, tanto ós visitantes coma ós viveirenses.
As visitas guiadas, ó igual que nas anteriores ocasións, serán totalmente gratuitas.