Xa pedalea a sección de Ciclismo: Presentación Oficial!!!
Esta mañá de domingo presentouse “Oficialmente” a sección de Ciclismo das E.d. Lourenzá.Estiveron presentes Dª. Emma Álvarez Chao (Alcaldesa-Presidenta do Concello de Lourenzá), D. Pablo Maseda Fernández (Presidente das E.D. Lourenzá e Concelleiro de Deportes) así como os directivos do clube e todos os patrocinadores que colaboraron na posta en marcha deste novo proxecto; así como a maioría dos compoñentes do equipo ciclista.
Despois da presentación no Concello e das fotos de rigor en Concello e Cantón, unhos cantos intrépidos ciclistas animáronse a facer unha breve ruta ( a pesar da metereoloxía) para acabar todos xuntos xantando no Restaurante Baos.