Nota de prensa
A CASA DA RÍA ACOLLERÁ DÚAS OBSERVACIÓNS ASTRONÓMICAS OS DÍAS 10 E 11 DE AGOSTO, SEGUNDO ANUNCIABA ESTA MAÑÁ O CONCELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE.
Ribadeo, 8 de agosto de 2011. A Casa da Ría acollerá dúas observacións astronómicas os días 10 e 11 de agosto, segundo anunciaba esta mañá o concelleiro de Medio Ambiente.
Horacio Cupeiro sinalou que “os vindeiros días 10 e 11 de agosto ás dez e media da noite faremos unhas observacións na Casa da Ría de Ribadeo, que irán dirixidas a unha vision xeral do ceo: a lúa, as estrelas e as disposicións máis vistosas, como As Perseidas, Arturo ou Saturno”.
O edil nacionalista dixo que “de non poder observar por razóns meteorolóxicas abordarase algún tema sobre a astronomía e sobre o telescopio. As xornadas van dirixidas a todo tipo de público e as persoas entendidas na materia serán Antonio Gregorio Montes e Alfonso Piñeiro, ámbolos dous profesores do IES Porta da Auga”.
Cupeiro “animou a todas aquelas persoas interesadas nos temas de astronomía a que se acerquen a Santa Cruz, que disfrutarán da observación, si por sorte temos unha noite clara