Ciclista do CC Burela pedalearon 114 quilómetros durante 13 horas para ir a San Andrés de Teixido
Nota de prensa
O pasado sábado dia 30 de abril o Club Ciclista Burela organizóu unha ruta en BTT dende Burela ata San Andrés de Teixido.
A saída fíxose as 7:00 horas dende a gasolinera de Burela e na ruta participamos 14 ciclistas pertecentes ao CC. Burela.
Esta ruta trancurre na súa maior parte por camiños, sendeiros e pistas forestáis aunque debido a súa distancia de 114 km. tamén discorre por algunha pista asfaltada.
A chegada a San Andrés foi pasadas as 20:00 horas despóis de estar máis de 13 horas pedaleando e os datos que pon o gps foron de un desnivel de subida acumulado de 3.451metros e un índice IBP de 320, éstes datos para os afeccionados a este deporte din moi claro o dura que é esta ruta.
Temos que salientar que durante o percorrido apenas se produciron avarías de importancia, só unha nunha roda que fixo que Jairo un dos participantes non a poidera facer completa.
Esta ruta forma parte das actividades que ao longo do ano desenrola o CC. Burela ademáis das saídas que facemos tódolos fins de seman e participacións en marchas organizadas por outros Clubs
Paralelamente a ésta ruta, outros 3 ciclistas do CC. Burela que non practican o BTT e a súa especialidade é o ciclismo de estrada tamén se sumaron ese dia a viaxe a San Andrés e fixeron o percorrido Burela-San Andrés-Cedeira para despóis cear todos xuntos en Cedeira.
Estas actividades principalmente son para fomentar a práctica do deporte e a convivencia entre as persoas que o practicamos.